Entrevistas e Dinámicas Grupais
Entrevistas e Dinámicas Grupais
A toma de decisións é una constante na vida de calquera persoa e as decisións que se toman no presente afectarán ao desenvolvemento das accións futuras. A busca de emprego é unha avaliación continúa na que temos que estar preparados para todos os retos que comportan superar un proceso selectivo. Unha das funcións das/dos orientadoras/es laborais é preparar as personas orientadas para que saiban utilizar todas as ferramentas coas que contan e superar con éxito un proceso de selección de personal coñecéndose mellor a eles mesmos e tamén o mercado laboral actual. Para isto, contamos con estratexias individuais (entrevistas) e estratexias grupais (dinámicas grupais).
DE QUE FALAMOS?
A dinámica grupal é una designación sociolóxica. Son procesos
de interacción entre persoas, mediante situacions físicas, plantexadas con
obxectivos concretos.
Polo tanto potencian a aprendizaxe, teórica e práctica, mediante
a experiencia vivencial participativa, é dicir, partir da persoa participante
dos seus propios coñecementos e sentimentos. Ademáis, permiten profundizar nas
relacións humanas e posibilitan o desenvolvemento de actitudes personais
mediante a expresión libre.
Deste xeito, as DINÁMICAS E TÉCNICAS DE GRUPO, favorecen a MOTIVACIÓN, pero non son só xogos que motivan. Sempre debemos definir os obxectivos e despois elexir a técnica apropiada. Para cada obxectivo que queremos traballar ou que o grupo necesita lograr, as persoas coordinadoras poden seleccionar unha o varias técnicas axeitadas para acadar o obxectivo proposto.
PARA QUE?
No tocante á súa vinculación
directa no eido da Orientación Laboral, temos en conta a finalidade coa que se
empregan nos procesos de selección de persoal, é dicir, son una ferramenta
selectiva grupal utilizada para ver como interactúa un grupo de persoas
candidatas entre si, ante diferentes supostos propostos.
QUE TIPOS EXISTEN?
Na sesión, consideráronse como
una proba moi próxima ao día a día da empresa, xa que se debe interactuar con
outras persoas coas que se debe colaborar, gústelles ou non. Estas poden ser REALISTAS
ou SURREALISTAS, con roles asignados ou non asignados.
Os tipos de dinámicas grupais máis utilizadas son:
O foro
A mesa redonda
O debate
O panel
A tormenta de ideas
Coas dinámicas grupais podemos acadar distintos obxectivos. Un deles pode ser mellorar o autocoñecemento persoal. Isto pódese facer utilizando o modelo CANVAS.
Aínda que este modelo estea pensado para facer un Plan de Empresa, tamén podemos utilizalo como elemento de reflexión para a busca activa de emprego. Este modelo permítenos ter un coñecemento máis profundo de nós mesmos. Para poder cubrir os 9 bloques de noso lenzo debemos responder ás seguintes preguntas:
Que axuda ofreces?
Como te relacionas?
A quen axudas?
Como te coñecen e que medios empregas?
Que obtés?
Quen te axuda?
Que fas?
Que es e que tes?
Que das?
Aquí podedes ver un exemplo de modelo canvas persoal para a busca de emprego:
| Modelo Persoal CANVAS |
Foi Timothy Clark o autor que innovou o modelo Canvas de Osterwalder para ubicalo no contexto persoal para poder planificar e aumentar o valor profesional dunha persoa.
Preme este enlace se queres saber cómo facelo!
Aquí vos deixamos un exemplo de dinámica grupal:
"El desafío de la soga". Nesta dinámica trabállase a coordinación de equipo e a toma de decisións.
DE QUE SEGUIMOS A FALAR?
Tamén temos que facer mencion á entrevista de selección de persoal que ten como finalidade determinar a adecuación da persoa ao posto que se está a ofertar.
As entrevistas poden ser:
A entrevista tradicional.
A entrevista por competencias.
A entrevista tradicional pode ser dirixida, semidirixida e grupal e na entrevista por competencias, o entrevistador busca un candidato que ademáis de contar cunha formación específica e unha determinada experiencia, posúa unhas competencias concretas. Estas competencias poden ser competencias individuais (flexibilidade, independencia, integridade persoal..), motivacionais (motivacións, resistencia, iniciativa..), analíticas (capacidade de análisis, resolución de problemas...), de liderado (sensibilidade social, pensamento estrátexico...) e interpersoais (competencias sociais e habilidades de traballo en equipo...).
Comentarios
Publicar un comentario