Certificación e acreditación de competencias. Pon en valor a túa experiencia.


Pon en valor a túa experiencia e formación!

A PONENTE

Tivemos a sorte de disfrutar dunha  sesión sobre a certificación e acreditación de competencias que foi impartida por Elena González de la Cámara.

Aquí vola mostramos!

Elena González de la Cámara Cayuela

Co-fundadora, consultora, xestora de proxectos formativos e poñente en eTIC Factoria


Hoxe con esta entrada pretendemos que poidades ter máis claro cómo acreditar a vosa experiencia e formación para conseguir un #certificadodeprofesionalidade! 

 

 ESTRUTURA DA ENSINANZA ACTUAL

En primeiro lugar falamos sobre a estrutura da ensinanza. A continuación mostrámosvos un enlace para que poidades familiarizarvos co Sistema Educativo Español 

Neste momento fixemos  unha actividade, a través de mentimeter.com

Una ferramenta online, que aproveitamos para presentarvos, e que permite facer preguntas, encostas e xogos sobre un tema a unha audiencia.  

 

CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

Nesta sesión descubrimos dunha maneira moi amena, varias cousas:

  • Que os certificados de profesionalidade son o instrumento de acreditación oficial das cualificacións profesionais

  • Que existen 5 niveis de cualificación profesional.

  • Que a referencia é o Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade (RNCP). Este RNCP está estruturado en 26 familias profesionais coas súas correspondentes áreas profesionais e niveis de cualificación.

     

COMO CONSEGUIR O TEU CERTIFICADO?

Hai dúas formas de conseguir un certificado de profesionalidade:

  • Facendo a formación e completando exitosamente os módulos do certificado.

  • Por recoñecemento da experiencia laboral ou por vías non formais de formación.

     

 

 Segue este enlace se queres saber como certificar a túa experiencia laboral. 

Se queres consultar os requisitos dos certificados de profesionalidade están recollidos no Artigo 20 do RD 34/2008, do 18 de xaneiro.

É importante que teñas claro que cos Certificados de Profesionalidade obtemos unha acreditación ou título laboral, homologado polo Ministerio de Traballo e Economía Social e que ten como obxetivo a habilitación profesional, nuns casos, e o recoñecemento da experiencia laboral noutros. Na Formación Profesional obteremos un Título Académico homologado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

Aquí podedes ver o Jam Board feito por algúns dos nosos compañeiros e compañeiras:


 

Outra das ferramentas que empregamos nesta sesión foi o padlet que nos permitiu facer unha chuvia de ideas sobre a Formación Profesional.

Como vedes o emprego de diferentes ferramentas durante unha sesión, sobre todo cando son de contido denso, axudan a afianzar os coñecementos e a facer as sesións moito máis dinámicas!

Aquí podedes consultar o resumo dos chíos sobre este tema, feito polas nosas compañeiros/as do #POLAB20 empregando a ferramenta Wakelet. 

 

Para finalizar a sesión levamos a cabo un Kahoot.it para recapitular e afianzar os densos coñecementos da sesión dunha forma moi amena e divertida.

 

  PARA SABER MÁIS

Deixámosvos estes tres enlaces para que poidades profundizar nos certificados de profesionalidade e nas competencias clave.

1) Información máis detallada sobre os Certificados de Profesionalidade na páxina do SEPE: https://www.sepe.es/HomeSepe/Personas/formacion/certificados-profesionalidad.html

2) Cómo obter as competencias clave: https://emprego.xunta.gal/portal/es/11-demandantes/demandantes-sp/370-compentecias-clave.html

3) Podedes consultar datos sobre o mercado laboral e as ocupacións na páxina do Instituto Galego das Cualificacións: http://emprego.xunta.es/cualificacions/

 

Esperamos ter aclarado algunha dúbida!


 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Orientación laboral y discapacidad