ÁBRENSE NOVOS HORIZONTES PARA A ORIENTACIÓN LABORAL


Elaboración propia

   Todo parecía transcorrer con normalidade. Empezou o ano 2020 e as tarefas dos profesionais da Orientación Laboral ían mudando paseniño en pro da mellora constante da profesión. Ata que case sen saber cómo, todo se altera e todo muda: a nosa vida persoal, a dos nosos fillos, os achegados, os coñecidos, as empresas, os contactos..., no ocio, no traballo, na casa...ESTAMOS EN PANDEMIA! 

   Ata o de agora, iamos repensando a Orientación Profesional adaptándoa lentamente aos cambios sociais que se ían dando, pero ante a situación actual, e como profesionais da Orientación, debemos plantexarnos unha transformación sen precedentes, identificando e analizando os factores críticos que é preciso abordar para xestionar a atención aos desempregados asumindo novos retos.

O IMPORTANTE PAPEL DA ORIENTACIÓN

   Nestos momentos a orientación profesional xoga un importante papel. As transicións no traballo, provocadas polos cambios recentes no mercado de traballo por mor do Covid-19, van a requerir que as persoas desempregadas ou aquelas que necesariamente viron modificadas as súas condicións laborais, reciban o apoio e asesoramento para afrontar os novos cambios con éxito. A orientación profesional é o instrumento que permite abordar esas transicións, entre outros motivos, porque un dos seus principios é por en valor as competencias, cualidades e capacidades das persoas para abordar ditos cambios.

Compartovos un video que me parece útil para afrontar calquer situación difícil. Espero que vos guste!  


👉  “Quien atribuye a la crisis sus fracasos y penurias, violenta su propio talento y respeta más a los problemas que a las soluciones”Albert Einstein

 

PRINCIPAIS RETOS DA ORIENTACIÓN LABORAL 

- Establecer o carácter permanente da orientación, establecendo pontes entre a orientación educativa e a orientación laboral.

- Por en marcha estratexias orientadas a eliminar a brecha dixital.

- Asegurar a calidade nos servizos de orientación profesional, tanto educativa como laboral.

- Dar maior visibilidade aos profesionais da orientación, aumentando a súa presenza nas institucións e mellorando as súas condicións laborais. 

- Por en valor a competencia de aprender a aprender, a través da formación permanente, non só dos profesionais da orientación, senón de todos e todas, os e as profesionais, independemente da súa profesión. 

- A orientación online precisa que busquemos estratexias para suplir a carencia do contacto persoal cercano. 

Saber mais:

- Como cambiará o emprego na era post coronavirus?

- Orientación profesional ante a crise do Covi-19

O Covid-19 e o mercado laboral: retos e oportunidades.

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Certificación e acreditación de competencias. Pon en valor a túa experiencia.

Orientación laboral y discapacidad