Reflexión sobre o PLE de Mercedes Mallo

 

Nesta ocasión estou aquí para facervos partícipes do meu PLE inicial. Pero para poder continuar sería bo explicar de forma sinxela que é o PLE. Sería a forma en que as persoas compartimos recursos nas redes con fin de que outros poidan consultar e/ou empregar as nosas fontes de información.

Como poderedes comprobar as miñas fontes de información non eran demasiadas, que opinades? E xa non digamos dos sitios nos que publico algo, ata fai unhas semanas nin tiña conta no Twitter nin escribira nunca nun blogue. A verdade é que estou aprendendo a utilizar moitos recursos que poden ser útiles para a miña labor como orientadora laboral.

PLE inicial
 

Despois da sesión de hoxe aprendemos a utilizar varias ferramentas para recopilar fontes de interese, entre elas o Diigo, o Scoop.it e o Feedly. Nesta ocasión eu empreguei o Feedly e a verdade paréceme unha ferramenta interesante, haberá que pararse a buscar con máis calma páxinas pero paréceme unha boa forma de ter información do meu interese actualizada e lista para usar. Despois de achegarme tímidamente a ela e sen profundizar no seu uso considero que pode ser moi útil a nivel profesional e incluso persoal.

 

O meu FEEDLY

Xa vos irei contando que tal resulta o uso desta ferramenta pero penso que ten moitas posibilidades e con tempo tamén teño pensado probar o Scoop.it e o Diigo porque só despois de probar unha ferramenta podemos decidir se a recomendamos ou non. Pero o de probalas será cando conte con máis tempo, polo de agora a seguir explorando as posibilidades do Feedly.

Deica a próxima.

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Certificación e acreditación de competencias. Pon en valor a túa experiencia.

Orientación laboral y discapacidad