Motivación, Motivación!
Achégome a o BLOG das miñas compañeiras #POLAB20, para facer unha pequena reflexión conxunta sobre unha das cuestións que considero fundamentais no traballo en Orientación Laboral, a MOTIVACIÓN!
Para nós, a motivación é unha combinación de dúas palabras, motivo e acción. Por isto, cando non atopamos as persoas motivadas é porque non teñen claro o que queren ou simplemente non atopan os suficientes beneficios en posibles accións. Todas coñecemos a «Teoría da Motivación Humana» de Maslow que basa a motivación nunha xerarquia de necesidades e desexos humanos. De calquer xeito,estamos ante un proceso lineal:
Desexo (motivación) – acción – resultado (beneficios).
En primeiro lugar, comezemos por nos Orientadores/as Laborais ou futuros/as profesionais da Orientación Laboral Aberta. Debemos crear e subirnos a roda da motivación traballando por exemplo 5 eixos clave:
1. Definir a nosa meta de forma especifica. Facer unha lista de desexos, dividindo a meta en outras mias pequenas.
2. Escribir os beneficios que xenera alcanzar ditas metas, tanto os tanxibles como os intanxibles.
3. Delimita a acción. Planificamos a nosas accións diarias.
4. Establece unha rutina diaria. Poñemosnos en marcha- por iso estamos eiqui facendo este posgrado.
5. Identificade os pequenos logros e avances. Darlle o valor que se merecen para avanzar.
O método é sinxelo verdade, trata de responder a poderosas cuestións ¿qué quero?, ¿para qué? e ¿cómo? Cando logremos parte das nosas metas, traballemos por alcanzar novos retos para que a nosa roda da motivación non frene, é mais sinxelo a nosa (auto) motivación aumenta.
Nestes tempos, tan caóticos, a motivación configurase como a peza angular da nosa vida profesional e persoal, un tema inherente a procura activa de emprego en calquera especialidade ou cualificación profesional.
En segundo lugar, tentaremos realizar a nosa contribución dende a experiencia no traballo de orientación profesional. Cando desenvolvemos as funcións asociadas a nosa tarefa oriendadora, debemos reflexionar sobre unha cuestión fundamental vinculada a dita motivación: ¿CÓMO MOTIVAR AS PERSOAS QUE ACODEN AOS NOSOS SERVIZOS?, a través do noso desenvolvemento profesional, principalmente:
1- Situar a persoa, trasmitir expectativas axeitadas. Actualizar e definir o mercado de traballo.
2- Empregar unha linguaxe positiva, ante a súa empregabilidade e as posibilidades da ocupabilidade.
3- Fixar obxectivos concretos e definidos, tutorizar a elaboración dun plan de actuación propio. Consiste en fixar metas nun periodo de tempo concreto, e o seu grado de consecución.
4- Expoñer os logros acadados de maneira, regular- BAE, melloras formativas, realización de practicas, entrevistas de exito,..Recoñecer o comportamento e o desempeño en tanxibles e positivos efectos que amplien os niveles de satisfacción, asi coma a productividade na procura de emprego.
5- Analizar a competencia, apoiar e acompañar a persona e o proceso.
6- En definitiva, canalizar as demandas cara novas oportunidades ou contextos laborais, é dicir a partir das necesidades profesionais, acompañar na acción.Traballar colaborativamente para o logro dun fin, a EMPREGABILIDADE!.
Para rematar, unha referencia a Mario Benedetti que atopo apropiada: “Me gusta la gente que vibra, que no hay que empujarla, que no hay que decirle que haga las cosas, sino que sabe lo que hay que hacer y que lo hace. La gente que cultiva sus sueños hasta que estos sueños se apoderan de su propia realidad”.
Para Saber Máis:
A continuación, engadimos un video que resume todo aquilo que abordamos na presente entrada!
Deixamos tamén, alguns enlaces de interese que complementan as aportacións realizadas.
Guía práctica para a búsqueda de emprego!
@ceciliavieitez


Comentarios
Publicar un comentario