As emocións e os estados de ánimo na orientación laboral

As emocións e os estados de ánimo na orientación laboral

A continuación, dende a miña perspectiva de novato na Orientación Laboral, vou a expoñer o longo de este pequeno texto a importancia dos estados de ánimo e as emocións durante todo o proceso de orientación laboral. 

En primeiro lugar, debemos diferenciar tres termos relacionados cas emocións como son: Emoción, sentimento e estado de ánimo. 

Podemos entender por emoción, como algo instantáneo, é visible, pois exteriorizámola e sempre estamos sentindo algo. Para o psicólogo Paul Ekman, as emocións son involuntarias e non teñen porque ser aprendidas. 

Un sentimento, é unha experiencia interna profunda, é aprendido, poden ser sociais e non teñen por que ser visibles. 

O estado de ánimo é algo máis permanente que as emocións, a súa intensidade non e excesivamente alta, pero están máis prolongadas no tempo. 

As persoas ante unha situación, respondemos de tres formas: unha cognitivo ou mental (o que pensamos), outra fisiolóxica (como reaccióna o corpo ante as emocións) e outra conductual (os nosos comportamentos).




Unha vez temos os termos claros, pasemos a súa importancia no ámbito laboral. 


O desemprego, en ocasións xera grandes problemas de desconfianza, ansiedade, estrés..., podendo chegar en casos á depresión. Tamén é moi probable, que tras a perda dun emprego sintamos tristeza, ira, inseguridade, estrés...etc. Noutras ocasións, a necesidade de diñeiro é extrema e aparece o medo, ansiedade e tristeza con máis intensidade. Cando o desemprego se prolonga no tempo, pode chegar afectar incluso ó resto do entorno do individuo, podendo desencadear emocións de hostilidade, conductas de falta de respecto, etc. observando tamén, un deterioro na propia autoestima. 

Como orientadores/as laborais, un dos primeiros pasos a dar é coñecer o seu estado de ánimo, crear un espazo seguro onde se poda expresar libremente, mostrarlle que as emocións forman parte do proceso e que debemos traballar sobre elas. 

Como profesionais, debemos animar aos individuos a que expresen as súas emocións con persoas da súa confianza, a non criticarse por non estar o 100 % do tempo buscando traballo, coidar e ampliar as súas redes sociais... Por outra banda, debemos traballar con eles unha adecuada planificación do tempo, motivar, incidir no aumento da autoestima, o desenvolvemento dunha actitude positiva, autorresponsabilizarse no proceso de procura de emprego, a práctica dunha análise crítica, a capacitación para a procura de axudas e recursos, así como reforzar a auto-eficacia persoal. 

Como dicía Alan Cohen
“usa el dolor como una piedra en tu camino, no como una zona para acampar”

 

A continuación déixovos un vídeo no que Victor Kuppers fala sobre traballar os estados de ánimo. 





Xa para ir finalizando, gustaríame deixar a miña reflexión persoal.

Ante esta nova situación na que estamos inmersos nunha pandemia mundial e que nos leva a un futuro moi incerto, cheo de dúbidas e onde as emocións se atopan a flor de pel, debemos ser conscientes do importante papel que xoga e vai xogar a Orientación Laboral na vida de moitas persoas. Por iso, é moi importante que estes servizos estean dotados de suficientes recursos humanos, materiais e económicos. Debemos ter en conta, que os profesionais da orientación necesitan estabilidade e non estar ligados a programas temporais, xa que deste xeito mellóranse as prestacións ao coñecer o mercado laboral de proximidade, establecer redes..., e un largo etc.

Ánimo Orientadores/as Laborais no voso gran traballo. Veñen tempos difíciles, non esquezades coidarvos física e emocionalmente, disfrutade acompañando e celebrade os logros dos e das que acompañades, porque vós formástedes parte.
Grazas polo voso traballo. 

Aquí vos deixo uns enlaces que poden ser de interese:


Comentarios

  1. Pareceume moi acertada a tua reflexión e a sensibilidade que amosas no tratamento do tema.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

Certificación e acreditación de competencias. Pon en valor a túa experiencia.

Orientación laboral y discapacidad