Presentación profesional de Mercedes Mallo Ares

Ola a tod@s!!

Chámome Merchy e son educadora social aínda que primeiro probei na Psicoloxía pero descubrín que eso non era o meu.

Tras facer un curso de Monitor de tempo libre entrei en contacto con persoas con discapacidade intelectual e descubrín que me gustaba traballar con elas. Iso fíxome pensar no meu futuro laboral e decidín estudiar Educación Social.

Merchy


Dende sempre estiven vinculada ó mundo da discapacidade, primeiro levando os chamados Programas Experimentais que posteriormente pasaron a chamarse Programas Integrados. Mentras os anos ían pasando fixen un curso a distancia de Orientación Laboral o que fixo que baremasen o meu currículo para ser orientadora laboral.

Para reflexionar. VÍDEO. 

Aínda así estiven varios anos levando distintos programas pero todo o que aprendín a día de hoxe o podo poñer en práctica no meu día a día como orientadora laboral. Gústame moito o meu traballo pero gustaríame ter máis tempo para ofrecer unha mellor atención ás persoas ás que oriento.

O motivo de facer este Posgrado é que quero actualizar coñecementos e aprender cousas novas para desempeñar o meu traballo dun xeito eficaz e para sentirme unha mellor profesional. 

Para despexar a mente e desconectar do día a día está ben relaxarse un pouco disfrutando da lectura, por exempro cos libros de Julia Navarro. Entre os primeiros que lin desta autora están "La Hermandad de la sábana Santa" e "La Biblia de Barro".


 

 

 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Certificación e acreditación de competencias. Pon en valor a túa experiencia.

Orientación laboral y discapacidad